No DOG do 27/02/2023 publican a RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2023, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021 (DOG número 115, do 18 de xuño), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do cuarto exercicio.

De conformidade co disposto na base II.1.3.4 da convocatoria, o cuarto exercicio do proceso selectivo terá lugar os días 6, 7 e 8 de marzo de 2023, a partir das 15.30 horas, na sala E do edificio administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela.

O chamamento das persoas aspirantes realizarase de acordo co previsto na base II.1.4.1 da convocatoria e a orde de actuación será a indicada no DOG.