No DOG do 28/02/2023 publican a RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG número 241, do 17 de decembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Publican as puntuacións obtidas por todas as persoas aspirantes presentadas ao terceiro exercicio do proceso para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, no portal web da Xunta de Galiza funcionpublica.xunta.gal