No DOG do 09/03/2023 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2023 pola que se convoca o Curso para persoal delegado de protección de datos da Xunta de Galiza.

Poderá participar na acción formativa convocada nesta resolución o persoal delegado de protección de datos nomeado (en diante DPD) ou cuxo nomeamento estea previsto a curto prazo, na Administración xeral da Xunta de Galiza, no sector público autonómico e órganos estatutarios. Tamén poderán participar as persoas que formen parte do equipo de apoio aos DPD nos ámbitos anteriormente indicados e outro persoal da Amtega con responsabilidades en materia de protección de datos que se encontren en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria.

O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 9.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 23.59 horas do día 15 de marzo de 2023.