No DOG do 13/03/2023 publican a RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2023 pola que se nomean persoal laboral fixo da Xunta de Galiza na categoría 017 do grupo II, asistenta/e social, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de consolidación, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG número 213, do 8 de novembro).

Nomean persoal laboral fixo na categoría 017 do grupo II, asistenta/e social, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais os que figuran no mesmo anexo.

As persoas nomeadas persoal laboral fixo da Xunta de Galiza e adxudicatarias provisionais dos postos de traballo relacionados no anexo disporán do prazo dun mes para tomaren posesión dos seus destinos, de conformidade co disposto no artigo 13 do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galiza.

O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.