No DOG do 15/03/2023 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2023 pola que se convoca, con motivo da xornada de presentación da Semana do Goberno aberto, a conferencia O dereito cidadán á boa Administración.

O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 9.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no DOG ata as 10.00 horas do día 20 de marzo de 2023.