No DOG do 20/03/2023 publican a RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2023, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado mediante a Resolución do 31 de maio de 2021 (DOG número 115, do 18 de xuño), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o cuarto exercicio do proceso selectivo pola quenda de acceso libre.

Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas os días 6, 7 e 8 de marzo de 2023 ao cuarto exercicio do proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiz, subgrupo A1, escala superior de finanzas, no Portal web corporativo da Xunta de Galiza, funcionpublica.xunta.gal