No DOG do 21/03/2023 publican a RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2023 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade fisioterapia, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo A2), das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade fisioterapia, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo A2), convocado pola Orde do 31 de outubro de 2019 (DOG número 211, do 6 de novembro).

Nomean persoal funcionario de carreira do corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade fisioterapia, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo A2), as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais, segundo o disposto na base IV.6, os que figuran no mesmo anexo.

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.