No DOG do 22/03/2023 publican a RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade terapia ocupacional, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019, pola que se modifican a baremación definitiva da fase de concurso e a orde na relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

A raíz da estimación dun recurso de alzada, este tribunal acorda modificar a Resolución do 23 de decembro de 2022 (publicada no DOG núm. 4, do 5 de xaneiro de 2023), en relación coa puntuación da aspirante afectada.

Debido á modificación da puntuación do baremo definitivo desta aspirante, este tribunal acorda modificar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo acordada pola Resolución do 23 de decembro de 2022 (DOG núm. 5, do 9 de xaneiro de 2023), en relación coa orde de prelación da aspirante afectada, que pasa a ocupar a posición número 20, e renumerar a relación de persoas aprobadas a partir desta posición, tal e como se publica no cadro.