No DOG do 23/03/2023 publican a RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2023 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 006 do grupo I, titulado/a superior psicólogo/a, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG número 213, do 8 de novembro).

Publican como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e que, segundo a base IV.6 da convocatoria, son convocadas á elección de destino provisional, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, se deberá seguir para os efectos da adxudicación de destino.

No prazo máximo de dous (2) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, as persoas aspirantes, no suposto de que non recibisen correctamente o seu usuario e clave, deberanse poñer en contacto co Servizo Informático da Dirección Xeral da Función Pública, no teléfono 881 99 98 83, para que lles faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.