No DOG do 27/03/2023 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2023 pola que se convoca un curso para o persoal veterinario colexiado nos colexios oficiais de veterinarios.

Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta resolución o persoal empregado público veterinario colexiado e o resto de persoal veterinario colexiado. Terá preferencia o persoal veterinario colexiado no Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e, para cada un dos casos, no anexo II.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o 3 de abril de 2023.