No DOG do 28/03/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso na escala superior de saúde laboral, subgrupo A1, do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 44, do 4 de marzo), pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

- RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso na escala técnica de saúde laboral, subgrupo A2, do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 44, do 4 de marzo), pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.