No DOG do 29/03/2023 a EGAP publica:

- RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2023 pola que se convocan cursos de formación en prevención de riscos laborais de primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación.

Poderá participar na acción formativa convocada mediante esta resolución o persoal dos equipos de alarma e evacuación, e de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que desempeñe a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención, do Edificio Administrativo de Lugo.

- RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2023 pola que se convoca o curso monográfico Economía política e estabilidade orzamentaria.

Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; da Administración local e das universidades do Sistema universitario de Galiza, que se encadre nalgunha das seguintes categorías:

• Grupo A (subgrupos A1 e A2) de persoal funcionario.

• Grupos I e II de persoal laboral.

O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 9.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no DOG ata as 23.59 horas do día 3 de abril de 2023.

- RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2023 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP innova, a Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre sistemas para a contratación pública.

O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 9.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no DOG ata as 23.59 horas do día 3 de abril de 2023.