No DOG do 21/04/2023 publican a RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter provisional, as persoas aspirantes admitidas e excluídas na convocatoria excepcional do proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas clases de persoal sanitario funcionario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro).

Declaran, con carácter provisional, as persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, convocado por Resolución desta dirección xeral do 27 de decembro de 2022 para o ingreso nas clases de farmacéutico/a inspector/a de saúde pública, inspector/a médico/a e subinspector/a sanitario/a.

As listas coa relación provisional de admitidos/as e excluídos/as, con indicación do motivo de exclusión, nas distintas clases, poderán examinarse na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).