No DOG do 24/04/2023 publican a RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2023 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza, do 20 de abril de 2023, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo de persoal laboral da Xunta de Galiza e clasificación na agrupación profesional do persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais (especialidade de persoal de limpeza e cociña).

Ordenan a súa publicación no DOG para os efectos da entrada en vigor o 30 de abril de 2023.