No DOG do 24/04/2023 o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galiza publica a RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2023 pola que se nomean persoal laboral fixo nas categorías de titulado/a superior en Bioloxía (grupo I, categoría 10), técnico/a especialista en informática (grupo III, categoría 93) e auxiliar administrativo (grupo IV, categoría 1) as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso (25ª convocatoria).

Nomean persoal laboral fixo do Intecmar as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan na proposta formulada pola Comisión de Selección na Resolución do 5 de abril de 2023, publicada no portal web do Intecmar, ordenada de acordo coa puntuación final obtida e que se xunta como anexo a esta resolución.

As persoas nomeadas persoal laboral fixo disporán do prazo dun mes para a toma de posesión no destino ofertado con carácter provisional e para a formalización do contrato laboral. O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.