No DOG do 25/04/2023 a Axencia Galega de Innovación publica o ANUNCIO do 18 de abril de 2023 polo que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no grupo I, categoría 4; grupo II, categoría 7, e grupo III, categoría 2, de persoal laboral fixo.

A Resolución pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso no grupo I, categoría 4; grupo II, categoría 7, e grupo III, categoría 2, de persoal laboral fixo da Axencia Galega de Innovación (Resolución do 20 de decembro de 2022; DOG núm. 248, do 30 de decembro) poderá consultarse no portal web corporativo da Axencia Galega de Innovación, 2022-Axencia Galega de Innovación (xunta.gal).