No DOG do 26/04/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2023 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG número 241, do 17 de decembro).

Publican como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e que, segundo a base IV.5 da convocatoria, son convocadas á elección de destino provisional, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución. As persoas aspirantes elixirán as prazas ao subgrupo a que acceden e de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.

No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral da Función Pública, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.

Para a selección de destinos as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da forma que se indica.

- RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2023 pola que se convocan para a elección de destino en prácticas cinco persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG número 224, do 25 de novembro).

Publican cinco persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo de acceso libre e que, para dar cumprimento á base III da convocatoria, son convocadas á elección de destino en prácticas, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.