No DOG do 28/04/2023 publican a RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2023 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de complemento de desempeño do posto para o persoal laboral.

Non admiten as solicitudes sinaladas no anexo a esta resolución para acceder ao grao extraordinario do complemento de desempeño, por non cumpriren os requisitos previstos para o acceso establecidos na Orde do 25 de novembro de 2022.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal.