No DOG do 16/05/2023 publican a RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1.

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas en fides.xunta.gal

A listaxe definitiva completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal