No DOG do 03/07/2023 o Instituto Galego de Promoción Económica publica:

- ANUNCIO do 28 de xuño de 2023 sobre a publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas na convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría de técnico medio de persoal laboral fixo.

- ANUNCIO do 28 de xuño de 2023 sobre a publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas na convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías de técnico superior, técnico medio, oficial administrativo e auxiliar administrativo de persoal laboral fixo.

As resolucións poden consultarse no portal web corporativo do Igape, no enderezo https://www.igape.gal/gl/mais-igape/transparencia-e-goberno-aberto