No DOG do 26/07/2023 publican a RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2023 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 005 do grupo I, titulado/a superior veterinario/a, do persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2020.

Publican como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e que, segundo a base IV.6 da convocatoria, son convocadas á elección de destino provisional, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.