No DOG do 25/09/2023 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2023 pola que se convocan actividades formativas do Marco galego de competencias dixitais ComDix para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galiza, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galiza (SUG).

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e ata o 4 de outubro de 2023.

O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar limítase a dúas.