No DOG do 28/09/2023 publican unha CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 29 de agosto de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de montes, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG número 241, do 17 de decembro) pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.