No DOG do 29/09/2023 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2023 pola que se convoca o Taller práctico sobre elaboración e aplicación de quendas de traballo en centros de xestión propia da Consellaría de Política Social e Xuventude.

Esta actividade está dirixida aos seguintes grupos de persoas destinatarias:

• Persoal directivo dos centros residenciais de xestión propia da Consellaría de Política Social e Xuventude (centros de atención a maiores, persoas con discapacidade e menores).

• Persoal dos centros residenciais de xestión propia da Consellaría de Política Social e Xuventude encargado da elaboración, o desenvolvemento e o control sobre as quendas de traballo.

• Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza con funcións directivas, de xestión ou de control sobre as políticas de persoal dos centros de atención residencial.

O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza ata as 23.59 horas do día 5 de outubro de 2023.