No DOG do 11/10/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2023 do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidade de vixilancia de estradas.

- RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2023, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidade de dominio público hidráulico.

Declaran exentas de realizar o segundo exercicio da fase de oposición do proceso selectivo todas as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio.

Declaran rematada a fase de oposición do proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para acreditar os méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, da escala de axentes de inspección da especialidade de vixilancia de estradas.

- RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para acreditar os méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, da escala de axentes de inspección da especialidade de dominio público hidráulico.

No prazo dos 10 días hábiles seguintes ao da publicación das presentes resolucións no DOG, as persoas aspirantes actuarán do xeito que se indica no DOG correspondente.