No DOG do 06/11/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, convocado pola Resolución do 22 de xuño de 2022 pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 19 de novembro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, no salón de actos, e nas aulas 1 e 9 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, convocado pola Resolución do 9 de xuño de 2022, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o 18 de novembro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, no salón de actos, nas aulas 1 e 9 e no salón de lectura da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, convocado mediante a Resolución do 22 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 121, do 27 de xuño), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 18 de novembro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, no salón de actos, nas aulas 1, 7 e 9 e na sala de lectura da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.