No DOG do 21/12/2023 o INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA publica:

- ANUNCIO do 18 de decembro de 2023, da Comisión de Selección, polo que se publica o Acordo do 14 de decembro de 2023 polo que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso e se abre o prazo de reclamacións, en relación coa convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría de técnico medio de persoal laboral fixo, convocado mediante o Anuncio do 20 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 248, do 30 de decembro).

- ANUNCIO do 18 de decembro de 2023, da Comisión de Selección, polo que se publica o Acordo do 11 de decembro de 2023 polo que se fai pública a baremación provisional e se abre o prazo de reclamacións, en relación coa convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías de técnico superior, técnico medio, oficial administrativo e auxiliar administrativo do persoal laboral fixo, convocado mediante o Anuncio do 20 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 248, do 30 de decembro).