No DOG do 04/01/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2023, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 115, do 18 de xuño) pola que se dá publicidade a diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2023, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 115, do 18 de xuño).

Declaran aptas todas as persoas participantes no período de prácticas e propoñen as persoas participantes relacionadas nos anexos para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.