No DOG do 18/01/2024 publican a RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, convocado mediante a Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o 23 de xaneiro de 2023 ás 15.30 horas, en chamamento único, na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.