No DOG do 23/01/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2024, do tribunal nomeado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 10B do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais, convocado pola Resolución da Consellaría de Facenda e Administración Pública do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 15, do 23 de xaneiro) e 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 26, do 7 de febreiro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 3 de febreiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, na aula 1 da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (sita na avenida Dr. Ángel Echeverri, en Santiago de Compostela).

- RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2024, do tribunal nomeado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 10C do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza, emisorista de defensa contra incendios forestais. Escoita incendios, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia númroz245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 15, do 23 de xaneiro) e 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 26, do 7 de febreiro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 3 de febreiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 1 da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (sita na avenida Dr. Ángel Echeverri, en Santiago de Compostela).

- RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2024, do tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concursooposición, para o ingreso na categoría 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galiza, titulado/a superior lingüista, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 3 de febreiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 9 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.