No DOG do 23/01/2024 publican a RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2024 pola que se modifica a composición do tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade psicoloxía.