No DOG do 25/01/2024 publican a RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2024 pola que se convoca o Curso superior de técnico de urbanismo 2024/25.

O prazo para a inscrición estará aberto desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza. Os prazos de matriculación, habilitados para cada unha das situacións e persoas solicitantes descritas na base terceira desta resolución, son os seguintes:

a) As persoas solicitantes encadradas na situación descrita na base terceira, punto 1, disporán dun prazo para a presentación de solicitudes de dez (10) días desde a apertura da matrícula. Finalizado este prazo e comunicada a admisión de acordo cos criterios descritos na base sétima desta resolución, disporán de dez (10) días para achegaren a documentación acreditativa correspondente.

b) Para as persoas solicitantes encadradas nas situacións descritas na base terceira, puntos 2 e 3, o prazo de matrícula estará aberto ata as 23.59 horas do día 14 de febreiro de 2024, ou ben ata que se cubra a totalidade das prazas dispoñibles, de acordo cos criterios de admisión establecidos na base sétima desta resolución. A información relativa ao procedemento de matrícula está dispoñible na páxina web do COAG (https://portal.coag.es), na sección do curso.