No DOG do 26/01/2024 publican a RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2024 pola que se establecen a data, a hora e o lugar para realizar o sorteo público a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galiza.

Co obxecto de determinar a orde de actuación das persoas aspirantes nos procesos de selección que deriven da oferta de emprego público correspondente ao ano 2024, esta consellería

RESOLVE:

Realizar en acto público o sorteo referido no parágrafo anterior o día 31 de xaneiro de 2024, ás 10.00 horas, no salón de actos número 2 (pequeno) da Vicepresidencia Segunda e Consellaría de Presidencia, Xustiza e Deportes, Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.