No DOG do 29/01/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2024 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

- RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2024 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e de promoción interna, polo sistema de oposición, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de veterinarios.

- RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2024 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e de promoción interna, polo sistema de concurso-oposición, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios.

- RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2024 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de medicina.

- RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2024 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galia, subgzrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía.

- RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro do 2024 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

- RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2024 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade educación infantil.

- RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2024 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística.

- RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2024 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidades de enfermaría e educador social.

- RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2024 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala de persoal de servizos xerais (PSX).

- RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2024 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala de xerocultor/a.

- RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2024 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de laboratorio.

- RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2024 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (AP), escala de persoal subalterno, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación destas convocatorias no Diario Oficial de Galiza (DOG).