No DOG do 30/01/2024 publican a RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos e bibliotecas, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 10 de febreiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 9 e no salón de actos da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.