No DOG do 30/01/2024 publican:
- RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2024 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidades de enxeñaría agronómica, enxeñaría industrial, enxeñaría de minas e enxeñaría de montes.
- RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2024 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.
- RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2024 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas.
- RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2024 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as, especialidades de enxeñería técnica agrícola, enxeñería técnica de obras públicas e enxeñería técnica forestal.
- RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2024 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de inspectores e inspectoras de consumo.
- RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2024 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunida-de Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática.
O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galiza (DOG).