No DOG do 02/02/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2024, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concursooposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios dos institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de navegación marítima, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, polo que se dá publicidade ás cualificacións correspondentes ao segundo exercicio.

Consonte o disposto na base III.1.2.8, publicar, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao segundo exercicio deste proceso selectivo, con indicación dos que superaron este exercicio.

- RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no grupo IV, categoría 21, do persoal laboral da Xunta de Galiza, oficial/a de segunda carpinteiro/a da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro), polo que se dá publicidade a diversos acordos.

Publicam no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo, así como a relación daquelas que non acadaron os mínimos establecidos na base III.1.1.1. da convocatoria.