No DOG do 07/02/2024 publican a RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2024, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concursooposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade educador infantil, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Publican no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal as puntuacións obtidas polas aspirantes presentadas ao segundo exercicio.