No DOG do 09/02/2024 publican a RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concursooposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o 20 de febreiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 2 e no seminario B da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita en Santiago de Compostela, na rúa de Madrid 2-4 (As Fontiñas).