No DOG do 09/02/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo superior da Administración xeral e no corpo facultativo superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, convocado mediante a Resolución do 6 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 216, do 11 de novembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización da proba tipo test do proceso selectivo.

Terá lugar o día 27 de febreiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, nas aulas 2, 7 e 8 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

- RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2024, do tribunal encargado de cualificar proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo de xestión da Administración xeral e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, convocado mediante a Resolución do 6 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 216, do 11 de novembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización da proba tipo test do proceso selectivo.

Terá lugar o día 27 de febreiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, na aula 9 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

- RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, convocado mediante a Resolución do 6 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 216, do 11 de novembro) pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización da proba tipo test do proceso selectivo.

Terá lugar o día 27 de febreiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, na aula 8 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

- RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, convocado mediante a Resolución do 6 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 216, do 11 de novembro) pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización da proba tipo test do proceso selectivo.

Terá lugar o día 27 de febreiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, nas aulas 10, 11 e 12 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP),