No DOG do 13/02/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2024, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro) e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 26, do 7 de febreiro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 24 de febreiro de 2024, ás 9.00 horas no pavillón 1 da Feira Internacional Abanca, en Silleda.

- RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 24 de febreiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galiza Abanca, en Silleda.

- RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2024, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 24 de febreiro de 2024, no pavillón nº 2 da Feira Internacional de Galiza Abanca, en Silleda, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.