No DOG do 13/02/2024 o CONSELLO ECONÓMICO E SOCIAL DE GALIZA publica:

- RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2023, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no grupo 4, administrativo, técnico auxiliar en informática, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 246, do 28 de decembro) pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Publican, como anexo a esta resolución, a baremación definitiva da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida pola persoa aspirante, de conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria.

- RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2024 pola que se fai pública a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, para o ingreso no grupo 1 (Dirección do Centro de Documentación e Apoio ao Consello).