No DOG do 27/02/2024 publican a RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2024, do tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galiza, titulado/a superior lingüista, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Conforme o disposto na base III.1.2.8 da convocatoria, as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que se presentaron ao primeiro exercicio da fase de oposición serán publicadas no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal