No DOG do 11/03/2024 publican:

- ACORDO do 4 de marzo de 2024, do tribunal que cualifica o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, nomeado pola Resolución do 28 de abril de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 88, do 9 de maio) pola que se dá publicidade a un acordo.

Publican as cualificacións do terceiro exercicio.

- ACORDO do 4 de marzo de 2024, do tribunal que cualifica o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, nomeado pola Resolución do 28 de abril de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 88, do 9 de maio), polo que se dá publicidade a diversos acordos.

Declaran finalizada a fase de oposición do proceso selectivo.

Publican a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición.

De conformidade coa base V.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar a documentación prevista na citada base.