No DOG do 15/03/2024 a FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA PARA A TUTELA DE PERSOAS ADULTAS publica a RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2024, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso oposición, para o ingreso nos grupos II e III categoría 62, de persoal laboral fixo, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Publican no portal web corporativo da Funga https://www.funga.org os modelos de corrección de respostas e a relación das persoas presentadas á proba realizada o 3 de febreiro de 2024, indicando as puntuacións obtidas dos que superaron o dito exercicio e os que non acadaron a puntuación mínima establecida na base III.1.1, correspondente ao único exercicio da fase de oposición do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso oposición, para o ingreso nos grupos II e III categoría 62 de persoal laboral fixo da Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas (Funga), entidade instrumental do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galiza.