No DOG do 18/03/2024 a AXENCIA DE TURISMO DE GALIZA publica:

- RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de catorce bolsas de formación práctica nas oficinas de información turística dependentes da Axencia de Turismo de Galiza, e se convoca para o ano 2024 (código de procedemento TU981A).

- EXTRACTO da Resolución do 7 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de catorce bolsas de formación práctica nas oficinas de información turística dependentes da Axencia de Turismo de Galiza, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento TU981A).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último do mes.