No DOG do 18/03/2024 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2024 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, así como do persoal da Administración de xustiza de Galiza e de administración e servizos (PAS) das tres universidades públicas galegas.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.

O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres.