No DOG do 19/03/2024 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2024 pola que se convoca o Curso superior en ciberseguridade.

O curso está dirixido ao persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; da Administración local; dos órganos estatutarios, e das universidades do Sistema universitario de Galiza, sempre que teña, en calquera das anteriores administracións, perfil en tecnoloxías da información e das comunicacións (pertencente a escalas de sistemas e tecnoloxías da información ou que realice funcións TIC) que poida xustificar debidamente que as súas funcións están relacionadas coa materia impartida e que se encadren nas seguintes categorías:

• Grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario.

• Grupos I e II do persoal laboral.

No caso de non cubrir a totalidade das prazas convocadas, as vacantes que resulten poderán ser cubertas por persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada, do subgrupo C1 do persoal funcionario ou do grupo III do persoal laboral con perfil en tecnoloxías da información e das comunicacións (pertencente a escalas de sistemas e tecnoloxías da información ou que realice funcións TIC) que poida xustificar debidamente que as súas funcións están relacionadas coa materia impartida.

O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza ata as 23.59 horas do día 24 de marzo de 2024.