No DOG do 19/03/2024 publican a RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2024, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, no corpo facultativo de grao superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade enxeñaría de minas, convocado pola Orde do 30.3.2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril de 2022).

Fan pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza, para presentar a documentación prevista na citada base.