No DOG do 19/03/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se dá publicidade da modificación da Resolución do 1 de setembro de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo A2).

- RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se dá publicidade da modificación da Resolución do 1 de setembro de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galiza e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo C2).

- RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 1 de setembro de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Xunta de Galiza (subgrupo AP).